Anuncio de gañadores do concurso de compositores 'CreaClásica'

A Orquesta Clásica de Vigo anuncia os gañadores de CreaClásica, un concurso de composición para novos compositores galegos. A Fundación SGAE, a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia, apoia este proxecto, que aposta pola difusión e recoñecemento de talentos emerxentes e que busca, ademais, incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo. Este concurso de composición está destinado a ofrecer unha plataforma para todos aqueles autores galegos que saen dos nosos conservatorios e que non contan cun espazo para divulgar e difundir as súas creacións.

O anuncio de gañadores producirase no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo o vindeiro xoves, 12 de decembro, ás 11:00 horas. Agardamos contar coa túa presenza en tan importante convocatoria.

Máis información