Nova edición de Fanzine Fest con Fundación SGAE

Por quinto ano xa, o Fanzine Fest reunirá na Coruña ao máis sobranceiro da electrónica vanguardista internacional. A cita será os días 5, 6 e 7 de decembro en diferentes espazos da cidade. O cartel estará encabezado por The Horrorist, Levon Vincent, Lena Andersson, Galaxian e Dorian Concept.

Durante tres intensas xornadas, escenarios coma os museos científicos, a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón ou a sala O Túnel serán testemuñas de grandes actuacións. Ademais dos mencionados, tamén participarán artistas como Amulador, Roi, Dinamite, Pervert, Fasenuova, Oswld, Galgo, Alienata ou Sergi Palau.