'Escena en familia' presenta 'El barrendero'

A Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela ofrece esta fin de semana dúas novas funcións do seu ciclo Escena en Familia.

El barrendero é un novo espectáculo da compañía de monicreques Mad Compass. Trala súa estrea na pasada edición do festival Galicreques, representarase o sábado 30 de novembro (18:00 horas) o domingo 1 de decembro (12:30 horas). A narración danza cos pasos finos e precisos do barrendeiro ata que aprendemos a ver a virtude nun traballo anónimo, coma o seu. Porque é posible atopar poesía entre os restos de lixo, os plásticos e as latas da rúa.