Presumido en Santiago de Compostela

Presumido, dúo vigués de pop electrónico conformado por Tarci Ávila e Nacho Dafonte, busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica. No seu disco máis recente, Cuatro estaciones, amosan influencias que van de Tino Casal a Bon Iver ou os clásicos Depeche Mode.

A sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acollerá o vindeiro venres, 15 de novembro (21:00 horas), o primeiro concerto en Galicia dunha xira que levará a Presumido a máis de vinte localidades de toda España.