Remata o Festival de Jazz de Lugo, co apoio de Fundación SGAE

Este 16 de novembro péchase a vixésimo novena edición do Festival de Jazz de Lugo. A Asociación de Amigos do Jazz ‘Escobijazz’ organiza este evento anual, que recibiu o apoio da Fundación SGAE a través do Consello Territorial da SGAE en Galicia.

Durante oito días celebráronse máis de vinte concertos de músicos de diversas procedencias; dende a inauguración con Andrea Motis Quintet (Cataluña) ata o peche con Paris Monster (EE UU), pasaron polo certame propostas como Baldo Martínez Grand Ensemble (Galicia), Airelle Beson Quartet (Francia), Karryn Allison (EE UU), Pere Navarro Quintet con Abe Rábade (Baleares/Galicia), Marcos Teira Quinteto Nós (Galicia) ou Ron Carter Foursight Quartet (EE UU).

Máis información