Concurso iberoamericano de curtametraxes “Versión Española - SGAE”
O prazo para enviar os traballos remata o 31 de decembro de 2019

O programa Versión Española (TVE) e a Fundación SGAE convocan o XVIII Concurso Iberoamericano de Curtametraxes “Versión Española / SGAE”, orientado á difusión e fomento dos novos autores no sector da creación audiovisual. O prazo para enviar toda a documentación estará aberto ata o 31 de decembro de 2019.

A convocatoria está dirixida a tódolos cineastas do Estado español e da comunidade Iberoamericana, que poderán presentar as súas curtametraxes producidas no ano 2019.

As obras preseleccionadas serán emitidas no programa Versión española de La 2 de Televisión Española.

O Xurado do Concurso estará composto por profesionais do cine español e encargarase de elixir as tres curtametraxes gañadoras. A dotación económica dos Premios é a seguinte: primeiro premio, 8.000 euros; segundo premio, 4.000 euros; e terceiro premio, 2.000 euros.

Ademais, os guións das curtametraxes gañadoras podrían ser publicados na Colección SGAE de Guións.

Descarga as bases completas