Segunda convocatoria de Teatroautor Exprés 2019
O prazo de recepción de textos teatrais estará aberto ata o 15 de novembro de 2019

A Fundación SGAE abre unha nova convocatoria para a selección de textos teatrais destinados á colección TeatroAutor Exprés, cun prazo de recepción de textos vixente ata o 15 de novembro de 2019.

Esta liña editorial, iniciada en 2013, contribúe á difusión e promoción da dramaturxia contemporánea. Ten como obxectivo colaborar cos autores na promoción dos seus traballos recentemente estreados, poñendo á súa disposición exemplares impresos da súa obra para a súa difusión entre críticos, compañías, produtores, programadores, académicos, etc., así como unha edición dixital de libre acceso.

A esta segunda convocatoria de 2019 pódense presentar aquelas obras de autores membros de SGAE que sexan obxecto de estrea absoluta entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de marzo de 2020, e que cumpran cos requisitos sinalados nas bases.

*O prazo para a recepción de propostas remata ás 24:00 horas do venres 15 de novembro de 2019.

Bases e formulario de inscrición