Laboratorio de Escritura de Guión de Cine
O prazo de presentación remata o 14 de novembro de 2019

A Fundación SGAE abriu a convocatoria dos Laboratorios de Escritura Teatral, Creación de Series de Televisión e Escritura de Guión Cinematográfico, na súa edición 2019-2020. Dirixida aos socios e as socias da SGAE, o obxectivo desta iniciativa é fomentar a escritura, promover a creación e brindar apoio aos autores e as autoras.

VIII Laboratorio de Escritura de Guión de Cine

No que respecta ao VIII Laboratorio de Escritura de Guión de Cine, os socios e as socias interesados/as poderán presentar un único proxecto de escritura de guión de longametraxe para cine, de autoría única ou en colaboración con outros autores, en calquera lingua oficial do Estado español, a través do correo electrónico: audiovisuales@fundacionsgae.org. O proxecto incluirá unha sinopse e un tratamento cunha extensión recomendada de 20 folios, aproximadamente.

Un xurado, composto por profesionais do sector audiovisual e presidido polo/a directora/a do VIII Laboratorio, seleccionará ata seis proxectos que se desenvolverán dende o vindeiro mes de xaneiro ata xuño de 2020 en Madrid.

A Fundación SGAE, que anunciará os resultados da convocatoria en xaneiro de 2019, dotará de 5.500 euros (impostos incluídos) a cada un dos/as autores/as finalistas.

Máis información e bases