Axudas á Tradución de Textos Teatrais 2019
O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 15 de novembro de 2019

Un dos obxectivos primordiais da Fundación SGAE é a internacionalización dos creadores e as súas obras. Para contribuír decididamente a que os traballos dos nosos autores aumenten a súa presenza no panorama internacional, a Fundación SGAE segue a apoiar diferentes proxectos, aos que se suma esta liña de axudas. A través desta convocatoria, os dramaturgos poderán solicitar un apoio económico para a tradución do seu texto a unha lingua estranxeira.

Confiamos en que esta iniciativa continúe espertando o interese dos nosos autores e confiamos tamén en que, grazas á mesma, as obras dos nosos creadores vexan a luz alén das nosas fronteiras.

Máis información