A Fundación SGAE convoca os seus Premios de Investigación 2019
En economía da cultura, socioloxía da cultura, políticas culturais, comunicación e cultura, xestión cultural e dereito da cultura

Convocatoria aberta ata o 8 de novembro de 2019

Co obxectivo de continuar impulsando a investigación universitaria nas disciplinas arredor do feito autoral e a creación, a Fundación SGAE pon en marcha unha nova convocatoria dos Premios de Investigación 2019. O prazo de inscrición remata o 8 de novembro.

Dirixidos a estudantes, profesionais e académicos interesados na análise do sector cultural e da creación, estes premios queren estimular a investigación e contribuír á xeración de coñecemento en materias como a economía da cultura, a socioloxía da cultura, a xestión cultural, as políticas culturais, o dereito da cultura e a comunicación e cultura, perspectivas cuxo coñecemento aplicado ao sector da creación implica unha mellora nas condicións nas que os creadores realizan e difunden o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Esta convocatoria comprende premios á mellor tese doctoral e ao mellor traballo de investigación, así como axudas á realización de teses doctorais.

Máis información