Encontro 'Escena Norte Idea' en Carballo

Escena Norte Idea consiste na creación de espazos de encontro e reflexión noutras tantas Comunidades Autónomas. A xornada galega abordará distintos aspectos das artes escénicas en relación coa dinamización económica, o medio rural, o impacto social ou a promoción da diversidade cultural.

Máis concretamente, os dramaturgos reunidos falarán aquí do Camiño de Santiago como conector e vertebrador de identidades culturais.

Celebrarase o 9 de outubro, en colaboración co FIOT, no Pazo da Cultura de Carballo.

Máis información