Convócase o premio 'Carmen Mateu Young Artist European Award, Opera and Dance'
A dotación económica é de 30.000 euros e o prazo de recepción de candidaturas remata o 15 de outubro

No marco da colaboración da Fundación SGAE co Festival de Peralada, achegámoste información relativa á primeira edición do premio Carmen Mateu Young Artist European Award, Opera and Dance.

O galardón, cunha dotación económica de 30.000 euros, recoñece a traxectoria de artistas novos nas disciplinas de ópera e danza para contribuír ao desenvolvemento da súa carreira, e ao impulso e prestixio de tales disciplinas no ámbito europeo.

O Carmen Mateu Young Artist European Award premia dúas categorías, unha de ópera e outra de danza, en anos alternos. Na súa primeira edición o premio diríxese á categoría de Danza, concretamente á disciplina de bailarín/a de clásico e neo-clásico. O período de recepción de candidaturas remata o 15 de outubro de 2019.

O premio naceu para perpetuar a memoria da fundadora do Festival de Peralada, Carmen Mateu. Os membros do xurado deste ano son Julio Bocca, Joaquín de Luz, María Pagés e Tamara Rojo.

Máis información

Consulta as bases