Clase maxistral sobre ‘Hierro’ con Pepe Coira, Araceli Gonda e Jorge Coira
A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acolle unha mesa redonda o 25 de outubro

Matrícula gratuíta para os socios e socias da SGAE

A Fundación SGAE apoia e acolle na súa sede de Santiago de Compostela a mesa redonda Movistar e o éxito de ‘Hierro’. Trátase dunha clase maxistral en formato coral protagonizada por Pepe Coira (creador, produtor executivo e guionista principal), Araceli Gonda (guionista) e Jorge Coira (director). A cita é o vindeiro 25 de outubro ás 16:30 horas, con matrícula gratuíta para os socios e socias da SGAE. Convoca e organiza a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).

Máis información e incricións

O thriller Hierro, emitido en Movistar+, é unha das series máis relevantes da actualidade. Recibiu candidaturas en multitude de premios e o apoio incontestable do público. Agora que se anunciou a súa segunda temporada, os seus principais artífices contarán nesta comparecencia o que supón escribir e dar forma a un proxecto coma este.

Os tres participantes nesta charla teñen carreiras dilatadas por separado, vinculadas á televisión e o cine de ámbito estatal, pero, sobre todo, á Televisión de Galicia. Acadaron algúns dos seus fitos máis importantes formando equipo creativo arredor da produtora Portocabo. Sempre na procura de proxectos distintos e arriscados (Luci, Vidago Palace), o traballo de varios anos levou a Pepe Coira, Araceli Gonda e Jorge Coira ata o éxito de Hierro.

A mesa redonda celebrarase o venres 25 de outubro, de 16:30 a 20:00 horas, na Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela (r/ Salvadas, 2A) e co apoio desta entidade.

Trátase dunha actividade gratuíta para socios e socias da SGAE e membros de AGAG, FAGA e CREA. A tarifa xeral é de 20 euros, e a tarifa de estudante é de 15 euros. O prazo de inscrición remata o 22 de outubro ás 23:59 horas.

Matrícula e reserva de prazas: info@guionistas.gal

Preme aquí para máis información