Presentación do concurso 'CreaClásica'

Xoves 12 de setembro, 11:00 horas
Auditorio do MARCO - r/ Príncipe, 54 - Vigo

A Orquesta Clásica de Vigo e a Fundación SGAE convídante á presentación informativa de CreaClásica, un concurso de composición destinado a novos autores e autoras galegos. Un proxecto que aposta pola difusión e recoñecemento de talentos emerxentes e busca incrementar o repertorio sinfónico galego contemporáneo.

CreaClásica é unha iniciativa da Orquesta Clásica de Vigo que conta co apoio do Consello Territorial da SGAE en Galicia. Xorde para ofrecer unha plataforma a tódolos compositores galegos que saen do conservatorio e que, a día de hoxe, observan dificultades para difundir as súas creacións.

Agardamos que poidas asistir a esta presentación, na que se ofrecerán tódolos detalles e condicións do concurso.

Presentació CreaClásica

-Manuel Martínez, director técnico da Orquesta Clásica de Vigo
-Juan Rivas, presidente do Consello Territorial SGAE Galicia

Xoves 12 de setembro, 11:00 horas
Auditorio do Museo de Arte Contemporánea (MARCO)
r/ Príncipe, 54 - Vigo