Itinerario cultural 'Camiño Escena Norte'

Viernes 6 de setembro, 11:30 horas
Praza de Praterías - Santiago de Compostela

Escena Galega e a Fundación SGAE convídante á presentación informativa de Camiño Escena Norte, un novo itinerario de intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica.

Camiño Escena Norte, que conta co apoio do Consello Territorial da SGAE en Galicia, xorde co obxectivo de coñecer máis e mellor aos nosos veciños e veciñas de Asturias, Cantabria e Euskadi.

Agardamos que poidas asistir a esta presentación, na que se ofrecerán tódolos detalles sobre o fundamento e a programación deste proxecto.

Presentación Camiño Escena Norte

-Belén Pichel, presidenta de Escena Galega
-Juan Rivas, presidente do Consello Territorial SGAE Galicia
-Jacobo Sutil, director de AGADIC
-Xurxo Couto, deputado de cultura da Deputación da Coruña