Fundación SGAE apoia o 'Festival de la Luz 2019'
Este festival solidario, convocado por Luz Casal, celébrase os días 6, 7 e 8 de setembro en Boimorto (A Coruña)

Participan artistas como Mikel Erentxun, Orquesta Mondragón, Egon Soda, Delaporte, Presumido, Cepeda, Celtas Cortos ou a propia Luz Casal

O Festival de la Luz celebra a súa sétima edición na aldea de Andabao (Boimorto, A Coruña), xunta a casa natal de Luz Casal, os días 6, 7 e 8 de setembro. É un evento multidisciplinar e de carácter solidario, comprometido tamén co desenvolvemento socioeconómico do medio rural e que conta coa implicación da Fundación SGAE. Este ano, a recadación destinarase a dúas entidades: as asociaciónsAnxiños (atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves) e Asanog (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia).

O Festival de la Luz é un evento singular e solidario para tódalas idades que propón música, gastronomía e un achegamento á natureza, a vida rural e a innovación. No evento participan nomes como Luz Casal, Orquesta Mondragón, Celtas Cortos, Mikel Erentxun, Egon Soda, Cepeda, Delaporte, Putochinomaricón, Amparanoia, Ángel Stanich, Arizona Baby, Presumido, Cariño, Basanta, GusGus, Silvia Penide, Ortiga, Tiruleque ou BFlecha. Todos renuncian aos seus cachés habituais; a súa participación finánciase coa colaboración da Fundación SGAE, entre outras entidades.