III Laboratorio de Creación Musical Fundación SGAE - Monkey Week SON Estrella Galicia
Inscricións abertas ata o 21 de outubro de 2019.

O laboratorio buscará na narrativa contemporánea inspiración para a composición e a escrita de letras.

O poeta Alejandro Simón Partal e a cantante Miren Iza (TULSA) serán os titores

Co obxectivo de fomentar a creación de novo repertorio musical e apoiar aos compositores e letristas, a Fundación SGAE convoca concurso para a selección de participantes no III Laboratorio de Creación Musical Fundación SGAE - Monkey Week SON Estrella Galicia.

A convocatoria está dirixida a tódolos socios e socias da SGAE, compositores/as e letristas de calquera linguaxe ou tendencia estética dentro das músicas populares que sexan tamén intérpretes do seu repertorio. A participación dos mesmos pode ser en dúas modalidades: de xeito individual (como compositor) ou conxunto (un compositor e un letrista).

Os socios e socias deberán presentar ben o seu proxecto individual de creación de dúas obras musicais orixinais e actuais, ben o seu proxecto en coautoría (entre un compositor/a e un letrista, de dúas obras musicais orixinais e actuais. Nesta edición, o Laboratorio buscará na narrativa contemporánea a inspiración para a creación de novas composicións, unindo as novas voces da literatura nacional contemporánea e a música independente.

Nesta edición, os directores do laboratorio designados pola Fundación SGAE para guiar e coordinar todo o proceso creativo serán o escritor e poeta Alejandro Simón Partal e a compositora e cantanteMiren Iza (Tulsa).

Un xurado composto por representantes da Fundación SGAE e Monkey Week SON Estrella Galicia, así como polos directores do laboratorio elixirá seis proxectos entre tódalas propostas recibidas para formar parte deste laboratorio, que se celebrará enmarcado dentro de Monkey Week SON Estrella Galicia en novembro en Sevilla. O 23 de novembro os artistas seleccionados presentarán nun concerto promocional as obras resultantes deste laboratorio no Espacio Santa Clara.

O prazo de recepción de solicitudes manterase aberto ata o 21 de outubro de 2019.

Máis información e bases