Aberta a convocatoria do II Premio de Curtametraxes '16Kms en corto'
Os interesados poderán enviar ata tres curtametraxes antes do 10 de outubro de 2019

A Fundación Voces e o Festival Internacional de Cine Cañada Real, en colaboración coa Fundación SGAE a través do Consello Territorial de Madrid, convocan a segunda edición do Premio 16 Kilómetros En Corto (Cañada Real) co obxectivo de promover o cine creado en contextos sociais, económicos e culturais que están voluntaria ou involuntariamente lonxe dos focos de creación dominantes.

A convocatoria está aberta a tódolos socios e socias da SGAE de calquera nacionalidade e idade. Cada autor poderá presentar ata un máximo de tres curtametraxes de calquera xénero, sempre que estean vinculados á temática social, producidos despois do 1 de xaneiro de 2017 e cunha duración máxima de 30 minutos. O plazo da convocatoria está aberto ata o 10 de outubro de 2019.

Un xurado, composto por profesionais do medio cinematográfico e artistas e cineastas de prestixio, elixirá a obra gañadora do Premio do Xurado, consistente a cantidade de 2.000 euros impostos incluídos. Así mesmo, o público asistente ao festival elixirá, mediante votación secreta, a curtametraxe que recibirá o Premio do Público, consistente na cantidade de 1.000 euros impostos incluídos.

Máis información e bases