A Fundación SGAE convoca por primeira vez 'SGAE DOCUMENTAL 2019'
Recepción de documentais ata o 20 de setembro

A Fundación SGAE, cumprindo co seu obxectivo de impulsar a promoción de xéneros audiovisuais de especial interese como o documental, convoca o programa SGAE Documental 2019, que acollerá obras para a súa exhibición en sala ao longo da presente temporada. O prazo de presentación de obras audiovisuais permanecerá aberto ata o día 20 de setembro.

Esta convocatoria está aberta á participación de tódolos autores/as de documentais socios/as da SGAE. Poden presentarse documentais de temática libre, con duracións non inferiores aos 45 minutos e producidos a partir de xaneiro de 2018, sen limitación no número de obras por participante. O director da obra seleccionada recibirá unha compensación económica de 200€ netos por cada pase que se realice da súa obra.

As pezas deben presentarse en castelán ou con subtítulos nese idioma. Para a súa proxección, admitiranse en soporte 35 mm ou copia master sobre DCP ou Blu-Ray; a organización pode determinar o formato de proxección en sala en función da mellor operatividade a partir do soporte do que o autor dispoña.

A recepción das obras realizarase postalmente na sede da Fundación SGAE (r/ Bárbara de Braganza, nº 7, 28004 Madrid), ou telematicamente no correo electrónico audiovisuales@fundacionsgae.org.

Os documentais seleccionados proxectaranse na Sala Berlanga (r/ Andrés Mellado, 53, Madrid) entre o 1 de outubro de 2019 e o 1 de outubro de 2020, coa posibilidade de reprogramarse noutras salas dependentes de SGAE ou a Fundación SGAE en toda España.

Máis información e bases