VII Encontro de autores con tradutores
Dirixida aos autores e autoras de SGAE, AAT e o Laboratorio Rivas Cherif do CDN

Inscricións abertas ata o 21 de agosto de 2019

 



Máis información e bases

A Fundación SGAE, a Asociación de Autoras e Autores de Teatro (AAT) e o Centro Dramático Nacional-INAEM, coa colaboración de Acción Cultural Española (AC/E) e o seu Programa de Internacionalización da Cultura Española (PICE), convocan o VII Encontro de Autores con Tradutores, que se celebrará dentro do marco do XX Salón Internacional do Libro Teatral, que terá lugar no Teatro Valle-Inclán, sede do Centro Dramático Nacional (Pza. Ana Diosdado, s/n) do 17 ao 20 de outubro de 2019.

A entidade abre unha convocatoria destinada a tódolos autores e autoras que sexan socios de SGAE ou da AAT, así como dramaturgos membros do Laboratorio Rivas Cherif do CDN e que queiran participar nestes encontros. A presentación de solicitudes deberán facela entre o 12 de xullo e o 21 de agosto de 2019 enviando toda a información requirida nas bases ao email artesescenicas@fundacionsgae.org.

Nesta edición celebraranse dúas modalidades de entrevistas: entrevistas persoais directamente cos tradutores convidados (cada tradutor verá un máximo de doce autores e cada autor pode entrevistarse con ata tres tradutores) e reunións vespertinas, denominadas Seis tradutores na procura de autor, nas que cada autor poderá reunirse con seis tradutores nunha sesión conxunta de 30 minutos. Estas últimas só se ofrecerán a aqueles autores escollidos por máis de catro tradutores. 

As sesións conxuntas serán abertas a produtores e editores, así como a observadores internacionais. Nesta edición contamos coa presenza de Zouberi Ben Bouchta (Marrocos), grazas ás xestións da Embaixada de España en Marrocos e o Centro Dramático Nacional.

Este VII Encontro contará coa participación dos tradutores Alejandra Alem (Portugal); Susan P. Berardini (EEUU); Manuela Cherubini (Italia); Tim Gutteridge (Reino Unido); Franziska Muche (Alemaña) e Françoise Thanas (Francia). 

Máis información e bases