Axudas á publicación de discos e libros 2019
Recepción de solicitudes ata o 6 de setembro

Mantemos por sexto ano consecutivo unha liña de axudas que complementa o noso programa de apoio á creación e promoción do repertorio SGAE. Trátase dasaxudas á publicación de discos e libros. A convocatoria está dotada cun monto total de 100.000 euros.

O prazo para a recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o venres 6 de setembro. Estas axudas van destinadas a facilitar a publicación (fabricación, promoción, lanzamento e distribución) dun fonograma ou texto orixinal xa existente, e non ao proceso de produción.

Para coñecer con detalle todo o programa de axudas suxíroche que consultes a nosa páxina web.

Descarga as bases