O guionista Rafael Cobos ofrece unha clase maxistral na Fundación SGAE
Será este venres, 28 de xuño, na sede dos autores en Santiago de Compostela

Cobos, gañador de dous premios Goya, centrarase no seu traballo na serie 'La peste'

A Fundación SGAE acollerá este venres, 28 de xuño, unha clase maxistral do reputado guionistaRafael Cobos. Trátase dunha convocatoria da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) co apoio do brazo cultural da SGAE nesta Comunidade.

A charla de Cobos abordará o proceso de documentación e escrita de La peste, a súa última creación de ficción para televisión. Esta serie, estreada o pasado ano con críticas moi favorables, é unha trama de suspense ambientada en Sevilla, no século XVI.

Rafael Cobos, creador de cine e televisión, foi galardoado con dous premios Goya por La isla mínima (2015) e El hombre de las mil caras (2017), coescritas ambas co director Alberto Rodríguez. O propio Cobos presentou La peste, o seu traballo máis recente para formato televisivo, no Encontro de Guionistas celebrado en Santiago de Compostela en novembro de 2017. Agora regresa á capital galega para contar o seu proceso creativo polo miúdo. A súa clase maxistral celebrarase na tarde do 28 de xullo, de 16:30 a 20:00 horas.