Convocatoria do XVI Premio SGAE de Guión para Longametraxe ‘Julio Alejandro’
Os participantes poderán enviar os seus traballos ata o 1 de xullo

A Fundación SGAE convoca a XVI edición do Premio SGAE de Guión para Longametraxe Julio Alejandro. O certame está abirto a tódolos autores socios da SGAE de calquera nacionalidade. O prazo de presentación dos textos orixinais, que poden estar escritos en calquera dos idiomas oficiais do Estado español, remata rá o vindeiro 1 de xullo. As bases están dispoñibles na páxina web da Fundación SGAE.

Un xurado designado pola entidade, integrado por autores e profesionais do medio cinematográfico, seleccionará tres finalistas que optarán a un único e indivisible premio dotado con 25.000 euros. Os dous finalistas recibirán 3.500 euros pola súa designación como tales. O gañador darase a coñecer nun acto público que se celebrará entre outubro e novembro de 2019.

Máis información e bases