'Títeres a cielo abierto' en Santiago de Compostela

A programación pública de monicreques na sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela despídese con Títeres a cielo abierto, unha proposta do arxentino Manu Mansilla.

O protagonista é Benigno Escalante, un monstro do centro da Terra que resulta ser riquiño, malia ser presentado como arrepiante. Este espectáculo será representado o sábado 25 de maio (18:00 horas) e o domingo 26 de maio (12:30 horas).