'Pinocho' regresa este domingo á Fundación SGAE
A compañía Títeres Cachirulo presenta unha única función deste clásico o 19 de maio en Santiago de Compostela

A Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela presenta á compañía Títeres Cachirulo co seu espectáculo Pinocho. Celebrarase unha única función o domingo 19 de maio ás 12:30 horas. O prezo dos billetes é de 5 euros (4 euros con desconto).

Pinocho é un espectáculo infantil de monicreques baseado no conto de Carlo Collodi, Le aventure di Pinocchio. O famoso boneco construído por Geppeto, neste caso desenvolvido con técnica de luvas, vivirá as máis incribles peripecias para chegar a ser un neno de verdade, feito e dereito. É unha función dirixida por Jorge Rey para pequenos e pequenas a partir dos 3 anos.

A programación pública de monicreques na Fundación SGAE despedirase con Títeres a cielo abierto, unha proposta do arxentino Manu Mansilla. O protagonista é Benigno Escalante, un monstro do centro da Terra que resulta ser ben riquiño, malia ser presentado como terrorífico. Este espectáculo será representado o sábado 25 de maio (18:00 horas) e o domingo 26 de maio (12:30 horas).