Convocatoria aberta para o obradoiro de asesoría en coprodución 'Cine cruzando fronteras' en Colombia
O prazo de inscrición remata o 20 de maio de 2019

Terá lugar no marco de actividades do BAM (Bogotá Audiovisual Market)

O obradoiro de asesoría en coprodución da Fundación SGAE Cine cruzando fronteras, un proxecto que quere potenciar aos autores e á industria fomentando a coprodución entre países latinoamericanos e entre Europa e Latinoamérica, únese un ano máis ao programa do Bogotá Audiovisual Market (BAM). Esta edición terá lugar os días 9, 10 e 11 de xullo de 2019 en Bogotá (Colombia).

Durante tres días, 15 profesionais da industria audiovisual (directores, guionistas e/ou produtores) orixinarios de América Latina, España e Portugal participarán nunha serie de relatorios, grupos de traballo e asesorías individuais con grandes expertos do sector. Todas estas actividades enmárcanse dentro da programación do BAM.

Aqueles/as interesados/as en participar terán que presentar un proxecto en etapa de desenvolvemento, que pode ser unha longa de ficción ou documental ou unha película de animación, e deberán demostrar calidade, viabilidade e un gran potencial internacional. O prazo de recepción de solicitudes remata o vindeiro 20 de maio.

A asistencia a Cine Cruzando Fronteras é gratuíta e inclúe 3 noites de aloxamento e os xantares reflectidos no programa.

DATAS:
9, 10 e 11 de xullo de 2019

LUGAR:
Bogotá Audiovisual Market (BAM), Colombia

PRAZAS DISPOÑIBLES:
15

PREZO:
Asistencia gratuíta (inclúe 3 noites de aloxamento e os xantares reflectidos no programa). Os alumnos teñen que financiar a súa viaxe.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INSCRICIÓNS:
Ata o 20 de maio

Máis información e inscrición