Convocatoria 'SGAE en Corto 2019'
Recepción de curtametraxes ata o 7 de xuño

A Fundación SGAE, cumprindo co seu obxectivo de impulsar a promoción de xéneros audiovisuais de especial interese, como o da curtametraxe, convoca o programa SGAE en Corto 2019, coa finalidade de acoller obras para a súa exhibición en sala ao longo do presente ano. O prazo de presentación de obras audiovisuais permanecerá aberto ata o día 7 de xuño.

Esta convocatoria está aberta á participación de tódolos autores/as de curtametraxes, socios/as da SGAE. Poden presentarse curtametraxes de calquera xénero e temática libre, que non excedan os 45 minutos, producidas nos dous últimos anos.

As obras deben presentarse en castelán ou con subtítulos en devandito idioma. Para a súa proxección admitiranse en soporte 35mm ou copia master en Blu-Ray ou DCP. En caso de ter presentado a obra noutras convocatorias de SGAE en Corto non é necesario presentar o material novamente, sempre que se informe nesta convocatoria.

As curtametraxes seleccionadas proxectaranse na Sala Berlanga (r/ Andrés Mellado, 53, Madrid), coa posibilidade de reprogramarse durante os seis meses seguintes á súa proxección noutras salas dependentes de SGAE ou a Fundación SGAE de toda España.

Máis información e bases