Convocatoria aberta para o 59º Festival Cante de las Minas
As persoas interesadas poden inscribirse nas modalidades de cante, guitarra, baile e instrumentista flamenco, así como na convocatoria cultural internacional

A Fundación Cante de las Minas publicou xa as bases para participar no certame do Festival Internacional Cante de las Minas, que este ano celebrará a súa 59ª edición entre o 31 de xullo e o 10 de agosto na localidade de La Unión (Murcia).

Os organizadores do concurso convidan a todos aqueles/as autores/as socios/as da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) que o desexen a inscribirse ata o 17 de maio nas modalidades de cante, guitarra e baile flamencos. A inscrición para a categoría de instrumentistas flamencos rematará o 15 de xuño e, por último, a cultural internacional, en calquera das súas modalidades, o día 15 de xullo.

Ao longo dos meses de xuño e xullo, o festival celebrará en diversas cidades españolas as distintas probas de selección. O obxectivo é atopar os mellores artistas do mundo flamenco; de feito, deste concurso saíron nomes tan sobranceiros do xénero como Antonio Piñana, Pitingo, Mayte Martín, Pencho Cros, Miguel Poveda, Rocío Márquez ou El Cigala, entre moitos outros.

A Fundación Cante de las Minas repartirá 86.000 euros en premios entre os gañadores nas diversas disciplinas e categorías do concurso, o que converte este festival nun dos máis importantes do mundo en canto a dotación económica e nunha auténtica referencia internacional no ámbito do cante flamenco.

Máis información e bases