VI convocatoria de 'JazzEñe'. Mostra de jazz español para programadores internacionais
O prazo de presentación de solicitudes mantense aberto ata o 20 de maio de 2019

A Fundación SGAE, en colaboración co concello de Málaga e os teatros Cervantes e Echegaraydesta cidade, pon en marcha a sexta edición de JazzEñe, iniciativa que ten como obxectivo a internacionalización do jazz de autores socios da SGAE e que se celebrará do 26 ao 28 de setembro de 2019 en Málaga.

Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a:

• Tódolos autores socios de SGAE que forman parte do sector musical.
• Grupos de jazz que, non tendo como integrante a un autor socio de SGAE, si utilicen repertorio rexistrado en SGAE. Só se admitirán formacións que teñan como máximo cinco compoñentes.

Aqueles autores ou grupos interesados en participar poden enviar a súa solicitude ata o 20 de maio de 2019. Un Comité de Avaliación, designado pola Fundación SGAE e formado por profesionais do sector musical especializados en jazz, programadores, así como representantes institucionais e profesionais da xestión cultural, será o encargado de avaliar e seleccionar aos autores e/ou aos grupos que participarán nesta edición de JazzEñe.

Os obxectivos deste programa son: promocionar de xeito directo o noso jazz, incentivar a participación de grupos españois de jazz en festivais, promover xiras internacionais para socios da SGAE e favorecer os encontros e o intercambio de experiencias e coñecemento entre profesionais do sector (autores, artistas, mánagers, programadores, directores de festivais, discográficas, etc.) españois e do resto do mundo.

Durante tres días, os autores e os grupos de jazz participantes ofrecerán concertos en formato showcase ao público asistente, do que formarán parte diferentes directores e programadores de festivais de todo o mundo interesados en coñecer a realidade do jazz español. Ademais, organizaranse encontros entre estes directores de festivais e programadores de jazz internacionais, convidados pola Fundación SGAE, e os mánagers dos autores e os grupos.

Máis información e bases