Obradoiro de guión televisivo con José Molíns, de ‘La Resistencia’
A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acollerá esta actividade os días 10 e 11 de maio

A sede galega da Fundación SGAE acollerá un interesante obradoiro de escrita de guión televisivoa cargo de José Molíns, profesional de ampla experiencia no medio. Organizada pola Asociación Galega de Guionistas (AGAG) co apoio do Consello Territorial da SGAE, esta convocatoria estará enfocada ao traballo nun espectáculo nocturno de entretemento con diversas seccións, humor e entrevistas: formato late latenight show, utilizando a linguaxe do medio televisivo.

A actividade desenvolverase os días 10 e 11 de maio en Santiago de Compostela. O prezo de matrícula é de 60 euros, malia que os socios e socias da SGAE se beneficiarán dunha tarifa reducida de 35 euros. Atención: ofrecerase un número limitado de só 10 prazas.

Pica aquí para máis información e inscrición

José Molíns ten unha ampla experiencia no sector. Guionizou espazos informativos e tamén concursos (Ahora caigo, Antena 3). A súa relación coa produtora El Terrat ofreceu dous programas de éxito en Movistar+, cada un no seu formato: Locomundo e, especialmente, La Resistencia, onde foi coordinador de guión. No obradoiro que ofrecerá na Fundación SGAE, Molíns replicará a sala de guionistas de La Resistencia e as súas dinámicas de traballo.

O prazo de inscrición remata o 5 de maio.

Mira aquí máis información sobre esta convocatoria