Primeira Convocatoria de Teatroautor Exprés 2019
O plazo de recepción de textos teatrais estará aberto dende o 25 de marzo ata o 10 de maio

A Fundación SGAE anuncia a apertura da convocatoria para a selección de textos teatrais destinados á colección Teatroautor Exprés, cun prazo de recepción de textos vixente ata o venres 10 de maio.

Esta liña editorial, iniciada en 2013, contribúe á difusión e promoción da dramaturxia contemporánea. Por iso, ten como obxectivo colaborar cos autores na divulgación dos seus traballos recentemente estreados, poñendo á súa disposición exemplares impresos da súa obra para a súa difusión entre críticos, compañías, produtores, programadores, académicos, etc.

A esta primeira convocatoria de 2019 pódense presentar aquelas obras de autores/as membros de SGAE que sexan obxecto de estrea absoluta entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2019, e que cumpran cos requisitos sinalados nas bases.

O prazo para a recepción de propostas remata ás 24:00 horas do venres 10 de maio de 2019.

Consulta as bases e formulario de inscrición