A Fundación SGAE programa un espectáculo para bebés
‘Güe-güe’, da compañía Larei Lará, representarase o sábado 16 e o domingo 17 en Santiago de Compostela

A Sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela acolle esta fin de semana dúas funcións deEscena en Familia. O ciclo de artes escénicas para nenos diríxese esta vez aos máis cativos da casa:Güe-güe, da compañía Larei Lará, está orientada a bebés a partir de doce meses. Os pases son o sábado 16 (18:00 horas) e o domingo 17 (12:30 horas). O prezo dos billetes é de 5 euros (4 euros con desconto).

Güe-güe é un ser pequeniño e moi curioso, tan curioso que se afastou do seu niño e non sabe ónde está. Por iso, entre tódolos nenos e nenas terán que axudalo a atopar a súa mamá. Trátase dun espectáculo para cativos de 1 a 5 anos que combina traballo de actor e monicreques.

O ciclo Escena en Familia, unha iniciativa da Fundación SGAE en Santiago de Compostela, leva en activo dende abril de 2008. As seguintes convocatorias da súa programación son: Leocadia y los ratones, de Teatro Arbolé (días 23 e 24 de marzo); Circo de pulgas, de Títeres Brincadeira (30 e 31 de marzo); e A toupiña que quería saber, de A Xanela do Maxín (6 e 7 de abril).