Xornadas de Dramaturxia para a Infancia e a Xuventude
Concibidas como un espazo de encontro e debate, celebraranse do 27 ao 31 de marzo en Barcelona

Os socios de SGAE poden beneficiarse dun desconto nas xornadas

Froito da necesidade de poñer en valor a dramaturxia para nenas, nenos, mozas e mozos, a Fundación SGAE colabora na primeira edición das Xornadas de Dramaturxia para a Infancia e a Xuventude, que se celebrarán do mércores 27 ao domingo 31 de marzo en L’Obrador Internacional de Dramaturxia da Sala Beckett de Barcelona (r/ Pere IV, 228-232).

Organizadas pola Associació Professional de Teatre per a Tots els Públics (TTP) e aAsociación de Teatro para la Infancia y la Juventud (ASSITEJ), as xornadas queren ser un espazo de encontro e debate que permita reflexionar sobre o xeito en que as Artes Escénicas se dirixen ao público máis novo.

A dramaturxia para a infancia e a xuventude non sempre tivo o recoñecemento artístico que merece. Sen embargo, dende hai uns anos e grazas ao traballo de autores, compañías e asociacións, está a desenvolverse unha exploración de novas linguaxes e ferramentas artísticas que está a revitalizar o teatro dirixido aos espectadores máis novos.

O programa das I Xornadas de Dramaturxia para a Infancia e a Xuventude inclúe:

- Obradoiro de dramaturxia coa autora canadiana Suzanne Lebeau, do 27 ao 30 de marzo de 2019.
- Tres días de xornadas de debates, conferencias e encontros entre profesionais, dramaturgos e compañías do sector, do 29 ao 31 de marzo de 2019.

Prezos:

- Xornadas: 80 € (Socios SGAE, ASSITEJ e TTP: 50 €)
- Obradoiros Suzanne Lebeau (prazas limitadas. Inclúe acceso ás Xornadas): 200 €

Máis información sobre as Xornadas de Dramaturxia para a Infancia e a Xuventude