A Fundación SGAE convoca os premios anuais para autores de teatro 2019
Para o XXVIII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XX Premio SGAE de Teatro Infantil e o XIII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez

Os interesados poden enviar os seus textos ata o 22 de abril

Co propósito de impulsar e dar pulo á creación de novos textos dramáticos que enriquezan o panorama teatral e apoiar así aos autores dramáticos, a Fundación SGAE convoca o XXVIII Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela, o XX Premio SGAE de Teatro Infantil e o XIII Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez para textos teatrais LGTBIQ+.

O prazo de entrega de textos remata o vindeiro 22 de abril de 2019. O Xurado estará integrado por profesionais das Artes Escénicas de recoñecido prestixio. A sentenza dos tres premios farase pública antes do 31 de decembro de 2019.

A dotación destes premios alcanza os 20.000 euros repartidos do seguinte xeito: Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela (8.000 euros); Premio SGAE de Teatro Infantil (8.000 euros) e Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez (4.000 euros). Ademais, estes galardóns recoñecen a inclusión dos textos no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas e a súa posterior publicación dentro das coleccións que edita a Fundación SGAE.

Máis información e bases