Convocatoria da IV edición de 'FlamencoEñe'

Mostra Internacional de Flamenco para Programadores Internacionais

O Museo Picasso Málaga acolle esta iniciativa do 27 ao 29 de xuño de 2019

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 25 de marzo de 2019

A Fundación SGAE, en colaboración co MUSEO PICASSO MÁLAGA e o Instituto Andaluz del Flamenco - Consejería de Cultura de la Junta de Andalucía, pon en marcha a cuarta edición de FlamencoEñe,iniciativa que ten como obxectivo a internacionalización do flamenco e que se celebrará do 27 ao 29 de xuño de 2019 en Málaga.

Por este motivo, a Fundación SGAE abre unha convocatoria pública dirixida a:

- Tódolos autores socios da SGAE que forman parte do sector musical.
- Grupos de flamenco que, non tendo como integrante a un autor socio de SGAE, si utilicenrepertorio rexistrado na SGAE.

Os obxectivos deste programa son: promocionar de xeito directo o noso flamenco, incentivar a participación de grupos españois de flamenco en festivais, promover xiras internacionais para socios da SGAE e favorecer os encontros e o intercambio de experiencias e coñecemento entre profesionais do sector (autores, artistas, mánagers, programadores, directores de festivais, discográficas, etc.) de España e do resto do mundo.

Nestes tres días os autores e os grupos de flamenco participantes ofrecerán concertos en formatoshowcase ao público asistente, do que formarán parte diferentes directores e programadores de festivais internacionais interesados en coñecer a realidade do flamenco español. Ademais, organizaranse encontros entre directores de festivais e programadores de flamenco internacionais, convidados pola Fundación SGAE, e mánagers de autores e grupos.

O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o 25 de marzo de 2019.

Máis información e bases