Convocatoria de Axudas á Creación de Músicas Populares
O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 15 de marzo de 2019

Dende o 11 de febreiro e ata o 15 de marzo estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para a 1ª convocatoria de axudas de Fundación SGAE para a creación de músicas populares, dirixidas aos socios e as socias de SGAE.

Por outra banda, ábrese tamén o prazo das Axudas de Fundación SGAE a viaxes para a promoción internacional da música. Neste caso, trátase dunha convocatoria aberta ao longo da case totalidade do ano (dende o 11 de febreiro ata o 29 de novembro).

Ao longo dos vindeiros meses recibirás información sobre outros programas como as Axudas a proxectos de asociacións profesionais de autores e editores ou as Axudas á publicación de discos e libros, a convocatoria de Bolsas para a ampliación de estudos internacionais ou o Programa de incentivos á creación musical sinfónica.

Máis información e bases