Participa na Diagnose da profesión autoral en Galicia

Se xa participaches no estudo  Diagnose da profesión autoral en Galicia , dámosche as grazas e manterémoste informado. Se aínda non o coñeces ou non o cubriches, lembrámosche que o Consello Territorial da SGAE en Galicia puxo en marcha este informe para concluír o estado do oficio de autor nesta Comunidade. Trátase dunha inquedanza que preocupa a este órgano dende hai tempo: realizar unha diagnose da realidade laboral e profesional dos socios e socias da SGAE no noso eido. Para iso solicitamos a túa colaboración.

Ao pé deste boletín verás a ligazón para participar nun breve cuestionario que nos axudará a coñecer o estado laboral dos autores, o seu perfil profesional, a súa perspectiva de proxección, a súa incidencia fóra de Galicia, o impacto de internet na súa obra e, finalmente, achegarnos á situación presente e futura dos gremios musical, dramático e audiovisual neste territorio. Queremos saber qué lugar ocupa esta profesión na túa vida, e coñecer un pouco mellor as túas preocupacións. Aquí che proponemos unha enquisa online anónima que poderás cubrir en menos de 6 minutos.

Este Consello Territorial anímate moi decididamente a colaborar para obter unha estatística precisa e plural do noso sector en Galicia. Verás que a ligazón te levará á web da empresa Abella & Valencia, consultoría profesional á que encargamos o desenvolvemento deste informe. Por suposto, as respostas que facilites serán procesadas dende o respecto absoluto ao teu anonimato e a túa confidencialidade. Ningunha enquisa poderá ser identificada, nin os seus datos utilizados en modo ningún.

Accede aquí ao breve cuestionario