Compensación de anos cotizados para maiores sen emprego
Se tes entre 60 e 65 anos

Se cotizaches polo menos 14 anos á Seguridade Social e podes acreditalo

Axudámoste a conseguir unha pensión contributiva

Xa está aberta e vixente durante todo 2019 a V convocatoria de axudas de 'Compensación de anos cotizados para maiores sen emprego' da SGAE e da súa Fundación. Como en anteriores ocasións, están destinadas aos creadores que, trala súa vida laboral, non lograran cotizar o número de anos necesarios para acceder a unha pensión contributiva de xubilación.

A SGAE e a súa Fundación ofrecen:

- Alta na Seguridade Social no Réxime Xeral de Traballadores Autónomos (R.E.T.A), segundo os casos, ata cumprir cun máximo de 12 meses.
- Participación en programas de representacións musicais, audiovisuais ou teatrais en entidades sociais e sen ánimo de lucro, impartindo obradoiros formativos, realizando actuacións, etc.

As axudas poden solicitarse online ou por correo postal. Descarga, cubre e envía a túa solicitude á SGAE, Departamento de Socios, Área Social e Asistencial, rúa Fernando VI, 4, 28004 Madrid.

Para resolver calquera dúbida ou ampliar información, ponte en contacto connosco por correo electrónico: rdavila@sgae.es

E, se coñeces a quen puidera necesitarnos, por favor, infórmao.

Bases axudas compensación anos cotizados
Área social e Asistencial