SGAE Actúa 2019
Contratación laboral e alta na Seguridade Social para autores musicais, audiovisuais ou de artes escénicas en situación de desemprego

A Área Social e Asistencial da SGAE e a súa Fundación convocan a cuarta edición de SGAE Actúa, un programa de axudas á contratación laboral con alta na Seguridade Social de ata tres meses, para os autores musicais, audiovisuais ou de artes escénicas que estean en situación de desemprego e reúnan os requisitos que establecen as bases.

Se o precisas, SGAE Actúa dá un novo impulso á túa andaina profesional e facilita a túa integración nun ciclo estable de actividades culturais de tódolos xéneros –música, audiovisuais, teatro ou danza- e de variados formatos, que terán lugar en centros sociais, culturais, penitenciarios e ONGs.

Porque aínda tes moito que ofrecer, en SGAE Actúa tamén teñen o seu espazo as propostas multidisciplinares e innovadoras:

- De música, solista ou grupo: actuacións de rock, flamenco, pop, jazz... ou obradoiros relacionados.
- De obras audiovisuais: podes dar charlas sobre calquera xénero cinematográfico, impartir obradoiros de rodaxe ou guión, conferencias e clases maxistrais, relatar o making off dos teus traballos, realizar sesións de cine fórum, etc.
- De artes escénicas: caben as lecturas dramatizadas dos teus textos, os obradoiros de danza ou coreografía, o micro teatro, o monólogo ou a dirección de escena para teatro amador.

Se desexas participar, consulta as bases da convocatoria, prepara o teu proxecto artístico e fainos chegar a túa proposta on line .

Podes mandala, igualmente, por correo postal. Descarga e cubre a túa solicitude e envía a documentación requirida á SGAE, Departamento de Socios, Área Social e Asistencial, rúa Fernando VI, 4, 28004 Madrid.

Escríbenos para resolver as túas dúbidas ou ampliar información