Curso de Desenvolvemento de Proxectos Cinematográficos Iberoamericanos 2019
O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 7 de marzo

A Fundación SGAE, xunto coa Fundación Carolina, a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), a Conferencia de Autoridades Audiovisuais e Cinematográficas de Iberoamérica (CAACI) a través do Programa Ibermedia, a Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais (EGEDA) e a Secretaría de Estado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España, convoca o XVII Curso de Desenvolvemento de Proxectos Cinematográficos Iberoamericanos 2019, que terá lugar na súa sede de Madrid (r/ Bárbara de Braganza, 7) entre os días 8 de outubro e 16 de novembro de 2018.

O prazo de recepción de solicitudes das bolsas permanecerá aberto ata o vindeiro 7 de marzo.

Este curso acollerá unha vintena de cineastas procedentes de Iberoamérica, España, Portugal e Italia, con experiencia previa demostrada, que desenvolverán en Madrid o seu propio proxecto de longametraxe de ficción, documental ou animación. Para o desenvolvemento do mesmo, conta cun equipo de asesores conformado por profesionais sobranceiros do medio audiovisual iberoamericano. A selección baséase na calidade dos proxectos presentados, no interese do guionista para o desenvolvemento do proceso de escrita e na motivación do candidato.

Baixo a dirección e coordinación de Gerardo Herrero e Mariana Barassi, a iniciativa pretende orientar os alumnos nas tarefas de guión, dirección e produción dende a súa fase embrionaria, co gallo de estuiar, desenvolver e viabilizar a realización dos proxectos seleccionados, dotándoos da calidade necesaria para que os guións acaben transformados en películas.

As bolsas inclúen o custe total da matrícula do curso, o aloxamento e a manutención para aqueles participantes non residentes en Madrid e un seguro médico para os alumnos latinoamericanos residentes en Iberoamérica.

Vixente dende 2003, nas últimas edicións participaron máis de 320 autores procedentes da comunidade iberoamericana. Destes, máis de 80 viron as súas películas seleccionadas e premiadas en festivais internacionais e distribuidas en salas comerciais, conformando o novo tecido do cine iberoamericano da última década. ​​

Máis información e inscrición