'Escena en familia' despide a temporada con 'Los 3 cerditos'

O ciclo Escena en Familia, en activo na sede galega da Fundación SGAE dende abril de 2008, remata a presente temporada cun conto clásico a cargo da compañía APP Creacións.

O espectáculo Los tres cerditosrecupera a popular fábula: tres porquiños irmáns, xa en idade de deixar o fogar familiar, deciden construír a súa nova casa, na que se protexerán do temible lobo feroz. Haberá dúas sesións en Santiago de Compostela: o sábado 22 (18:00 h.) e o domingo 23 (12:30 h.).