FestAlegre chega á Fundación SGAE con 'Accións nimias'

A Fundación SGAE é unha das sedes de FestAlegre, evento que nace para dinamizar a vida cultural do barrio compostelán de Vista Alegre e o seu parque. O novo festival desenvolverase en seis escenarios, con acceso gratuíto, dende o 17 ao 23 de decembro. A nosa sede albergará o espectáculo teatral Accións nimias, de Helen Bartels e Mónica de Nut, o día 20 de decembro ás 20:00 horas.

O espectáculo expón a vida como un xogo de adiviñas como sombras escuras. Pero os problemas poden resolverse. E o tormento, finalmente, fainos sentir.

Máis información