Convocatoria para empresas en South By Southwest 2019
O prazo de admisión de solicitudes remata o 21 de decembro de 2018

Sounds From Spain (SFS), a plataforma de promoción internacional da música española da que forma parte a Fundación SGAE, en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Miami, organizará a participación de empresas españolas con Pavillón Oficial na vindeira edición da Feira South By South West (SXSW), que terá lugar no recinto feiral Convention Center de Austin (Texas, Estados Unidos) do 11 ao 17 de marzo de 2019.

A participación española en SXSW organizarase de dous xeitos. En primeiro lugar, Sounds From Spain estará presente no mercado cun Pavillón Oficial, un espazo que permitirá ás empresas manter reunións de networking cos diversos axentes presentes na feira. Ademais, durante o transcurso desta organizaranse dous concertos de bandas españolas que presentaron previamente a súa solicitude.

Este ano, por segunda vez, as empresas inscritas celebrarán un xantar de traballo cun conxunto de compradores, prescritores e profesionais internacionais do sector da música presentes en SXSW que serva para mellorar as posibilidades de internacionalización da empresa musical española.

A convocatoria está aberta para tódalas empresas españolas da industria musical. O prazo límite para a admisión de solicitudes é o 21 de decembro de 2018.

Acerca de SXSW

SXSW é o mercado referente da industria musical a nivel global, en particular do xénero pop-rock. Reúne a máis de 15.000 profesionais do sector entre selos discográficos, editores, managers ou xornalistas e acolle arredor de 2.000 concertos. Para a industria musical española é fundamental estar neste mercado para internacionalizar o seu produto, en especial para os mercados norteamericano e latinoamericano.

Acerca de Sounds From Spain

Sounds From Spain é a plataforma de apoio á internacionalización da industria musical española da que forman parte ICEX España Exportacións e Investimentos, o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), a Fundación SGAE, a Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes (AlE), a Asociación de Representantes Técnicos do Espectáculo (A.R.T.E.), os Produtores de Música de España (PROMUSICAE) e a Unión Fonográfica Independente (UFI).

O obxectivo de Sounds From Spain é fomentar a exportación da música española, facilitando a presenza dos profesionais do sector nos máis importantes encontros internacionais, como South by Southwest (Austin), Musikmesse (Frankfurt) ou Womex.

Máis información e inscrición