Ampliación de prazo: II Convocatoria de Teatroautor Exprés
A Fundación SGAE amplía o prazo para a recepción de propostas ata o 7 de decembro de 2018

Por motivos alleos á nosa vontade, houbo problemas técnicos que impediron o acceso á páxina web de Fundación SGAE, onde se atopaban a documentación e a ligazón para chegar aos formularios da 2ª convocatoria de 2018 de Teatroautor Exprés. Por este motivo, amplíase o período para recibir solicitudes ata o venres 7 de decembro. Esta decisión tómase co obxectivo de que os/as socios/as afectados/as por devandita circunstancia teñan unha oportunidade de presentar as súas propostas.

Lembrámoslle que nesta convocatoria de Fundación SGAE selecciónanse textos teatrais destinados á colección Teatroautor Exprés. Esta liña editorial, iniciada en 2013, contribúe á difusión e promoción da dramaturxia contemporánea.

A colección Teatroautor Exprés ten como obxectivo, por tanto, colaborar cos autores na promoción dos seus traballos recentemente estreados, poñendo á súa disposición exemplares impresos da súa obra para a súa difusión entre críticos, compañías, produtores, programadores, académicos, etc.

A esta segunda convocatoria de 2018 pódense presentar aquelas obras de autores membros de SGAE que sexan obxecto de estrea absoluta entre o 1 de setembro de 2018 e o 31 de marzo de 2019, e que cumpran cos requisitos sinalados nas bases.

*O prazo para a recepción de propostas remata ás 24:00 horas do 7 de decembro de 2018.

Consulta as bases e o formulario de inscrición