A SGAE lanza unha campaña de apoio á cultura e os creadores: “Porque as artes só existen se ti as vives” 18/dec/2020
A través dunha serie de vídeos de animación, a entidade anima a protexer o sector cultural neste momento crítico provocado pola covid-19

A pandemia provocada pola covid-19 provocou un terremoto de consecuencias incalculables, en tódalas frontes e latitudes. A cultura está a ser, sen dúbida, un dos sectores máis prexudicados. Cos escenarios a medio gas ou coa persiana directamente baixada, os creadores perfílanse como uns dos máis desventurados protagonistas desta función.

Por iso, para renderlles apropiado tributo, poñelos no lugar que lles corresponde e celebrar o seu talento, ademais de concienciar a cidadanía sobre o ben que as artes e a cultura aportan ao conxunto da sociedade, a SGAE pon en marcha unha campaña institucional que, a través dunha serie de vídeos de animación, desexa poñer de manifesto a importancia de protexer, difundir e incentivar a cultura nun momento tan crítico como o que atravesa o sector.

Porque… pode alguén imaxinar que pasaría se a música, o cine ou o teatro desapareceran das nosas vidas? Aquela canción que non deixaches de escoitar durante a mellor das túas viaxes, a película que vos acompañou no voso primeiro bico nun cine que hoxe é un supermercado, esa obra de teatro en cuxo protagonista tan ben te viches reflectido cando atravesabas unha mala racha…

Porque as artes só existen se ti as vives

Para que compositoras, dramaturgos, guionistas, coreógrafas… poidan seguir desenvolvendo a súa profesión é preciso que acaden un xusto beneficio polo seu traballo, o seu esforzo, o seu enxeño. Así se explica nestes vídeos divulgativos, e tamén se insiste na necesidade de preservar os dereitos de autor para facelo posible e no importante papel que desempeñan neste proceso as entidades de xestión, prestando apoio e asesoramento aos autores, documentando as súas obras ou mediando no seu nome polo uso público das súas creacións.

Nesa liña, precisamente, a campaña Porque as artes só existen se ti as vives proclama tamén que “xuntos sempre é mellor”, en canto a que as entidades de xestión permiten aos autores acadar máis beneficios e ayudas, así como administrar os seus dereitos dun xeito máis eficiente facéndoo de forma colectiva.

Por último, a campaña celebra a revolución da tecnoloxía no ámbito da cultura e manifesta a necesidade de avanzar ao ritmo que marca a era dixital, pero alerta tamén de algúns inconvenientes: a piratería ou a escasa remuneración que reciben os autores polas súas obras na contorna dixital, por exemplo.

Por todo isto, a SGAE quere lanzar un grito de auxilio pola cultura e os seus principais protagonistas, porque só as artes poderán seguir existindo se entre todas e todos as protexemos e coidamos.