Pensaches en ser candidato nas próximas eleccións da SGAE? 10/xull/2020
Curso de formación sobre nocións xerais do dereito de autor, a xestión colectiva e o funcionamento da entidade

Estás pensando en presentar a túa candidatura ás próximas eleccións da SGAE? En tal caso, ofrecémosche a posibilidade de formarte previamente realizando un curso telemático de 4 horas de duración para coñecer os aspectos básicos do funcionamento da entidade, así como algunhas nocións xenéricas sobre o dereito de autor e a xestión colectiva.

O obxectivo é que os candidatos ao proceso electoral do vindeiro 22 de outubro, no que se renovarán tódolos órganos de goberno da SGAE, amplíen os seus coñecementos sobre a xestión colectiva e teñan unha visión práctica da implicación que supón ser membro da Xunta Directiva da SGAE, da Comisión de Supervisión ou dos Consellos Territoriais.

O curso, organizado polo Instituto Autor, será impartido polos máximos responsables dos principais departamentos da entidade, que aclararán as dúbidas e cuestións que poidan expoñer os participantes.

Moi importante: Só poderán realizar o curso aqueles socios que cumpran os requisitos para ser candidatos.

Datas:

Xoves 16 de xullo de 2020 (de 17 a 19 horas)
Vernes 17 de xullo de 2020 (de 17 a 19 horas)
Aplicación: Webex Meetings

Programa completo do curso (PDF)

Inscrición

As inscricións realizaranse a través do correo electrónico:
msausor@fundacionsgae.org

O curso será en modalidade online con entrada libre previa inscrición. Admitiranse inscricións, por orde de chegada, ata completar a capacidade establecida ou ata o día de comezo do curso.

Actividade organizada polo Instituto Autor co gallo da celebración do seu 15º aniversario.