A danza celebra o seu día reivindicándose como arte plenamente autónoma 29/abr/2020

Emigrantas, de Kirenia Martínez Acosta e CCG, na sede de Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Foto: Niko Alvarellos.

29 de abril: Día Internacional da Danza 2020

A SGAE é a única sociedade en España que xestiona e defende os dereitos de autor dos coreógrafos

’Máis ca nunca necesitamos bailar cun propósito para lembrar ao mundo que a humanidade aínda existe’, subliña Gregory Vuyani Maqoma, coreógrafo encargado da mensaxe internacional desta edición

Co gallo do Día Internacional da Danza que se celebra mañá, 29 de abril, a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) quere recoñecer e agradecer o traballo dos profesionais deste colectivo e, de xeito singular, aos máis de 1.500 coreógrafos socios da entidade. A efeméride resulta unha boa ocasión para reclamar un maior apoio das institucións, máis preciso ca nunca ante a crise da COVID-19, e unha presenza máis destacada desta expresión artística na vida cultural de España. A SGAE lembra que este país aportou ao mundo da danza grandes figuras de prestixio internacional, así como un estilo propio, recoñecido e apreciado fóra das nosas fronteiras.

Unha disciplina independente

A coreografía é unha actividade artística de naturaleza autoral; por isto, o sector reivindica que sexa recoñecida como disciplina autónoma, malia que poida coexistir con expresións como o teatro e a música. Neste senso, a SGAE é a única sociedade en España que defende e xestiona os dereitos de autor de coreógrafas e coreógrafos, cuxas obras forman parte do grupo denominado Gran Derecho (e requiren unha autorización individualizada do seu autor para ser utilizadas ou explotadas). A entidade expresa o seu firme compromiso por fomentar o coñecemento das obras coreográficas e traballa no desenvolvemento de novos servizos e prestacións que posibiliten aos autores afrontar os retos do sector no século XXI.

Sobre a defensa do carácter autónomo da danza, María Pagés, coreógrafa e membro da Xunta Directiva da SGAE, destaca un recente fito significativo para o colectivo. “Durante 2019, traballei xunta outros compañeiros coreógrafos na redacción dun texto definitorio do noso labor creativo orgánico, para facerlle xustiza e asentar a súa independencia respecto a outras disciplinas afíns”, explica en calidade de presidenta do Grupo de Traballo de Coreografía da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE).

“Organicamente era preciso este paso para conseguir o noso recoñecemento”, engade a coreógrafa sevillana. “Concretamente, introduciuse no regulamento unha nova definición de coreografía como obra autoral, máis acorde á realidade actual do noso sector. Devandita modificación suporá un importante avance para o noso colectivo, dado que a coreografía deixará de depender da música ou dun texto literario e pasará a ser recoñecida por si mesma como obra de creación”, matiza a autora.

Ler nota de prensa completa