A Fundación SGAE publica catorce obras de teatro de libre acceso 23/abr/2020
Co gallo do Día Internacional do Libro 2020

Os textos da colección ‘Teatroautor Exprés’ están a disposición libre dos lectores na súa páxina web

Coincidindo co Día Internacional do Libro, a Fundación SGAE convida a tódolos amantes do teatro a disfrutar da lectura das obras seleccionadas nas últimas convocatorias Teatroautor Exprés, que edita a entidade e que están dispoñibles a través da súa páxina web.

Trátase das edicións de catorce títulos, a saber: Sashimi de riñón de Víctor Almazán, Chucho de Mafalda Bellido, Qué pasó con Michael Jackson de María Cárdenas e Xavo Giménez, TheRoomToBe de Aranza Coello, Accions de resistència de Marta Galán Sala, A.K.A (Also Known As) de Daniel J. Meyer, Sidra en vena de Juanma Pina, María, llena eres de Luis Quinteros, Aquí de Queralt Riera, Breakin barrio de Verónica Serrada, José Antonio y Federico de Jacobo Julio Roger, Puños de harina de Jesús Torres, Siempre a la verita tuya de Manuel Veiga e Oscuridad de Jan Vilanova Claudín.

A nómina inclúe obras como A.K.A (Also Know As) de Daniel J. Meyer, Premio Max á Mellor Autoría Revelación en 2019, ou Chucho de Mafalda Bellido que, tras situarse como finalista en idéntica categoría e edición, é candidata a Espectáculo Revelación nos Premios Max do presente ano.

Sobre a colección ‘Teatroautor Exprés’

A Fundación SGAE deu inicio en 2013 á serie editorial Teatroautor Exprés para promocionar e difundir textos teatrais obxecto de estrea recente, co propósito de favorecer sucesivas montaxes. Trátase dunha colección integrada por edicións en soporte de papel e pdf. As tiradas físicas, limitadas a 250 exemplares, distribúense entre o autor de cada título e profesionais, críticos, académicos e axentes do sector das artes escénicas.

Polo de agora, a Fundación SGAE editou nesta serie máis de 50 textos teatrais de, entre outros dramaturgos/as, Antonio Rojano, Ana Graciani, Pablo Remón, José Padilla, María Velasco ou Jordi Casanovas.

Máis información e acceso ás obras