A SGAE renova o seu convenio coa Confederación Española de Organizacións de Empresarios do Xogo do Bingo
Establece unha licenza única para que os empresarios do sector dean valor ao seu negocio por medio da música e as obras audiovisuais da entidade

As tarifas de uso do repertorio simplifícanse e os asociados poderán beneficiarse de bonificacións

Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e a Confederación Española de Organizaciós de Empresarios do Xogo do Bingo (CEJ) veñen de renovar o seu convenio de colaboración, que data de 1999. O acordo alcanzado facilita, mediante unha licenza única da SGAE, que os empresarios do sector revaloricen o seu negocio grazas á música e ás obras audiovisuais dos creadores que a SGAE representa. Así mesmo, as tarifas simplifícanse, permitindo obter bonificacións aos asociados de CEJ que estean ao corrente de pago dos dereitos de autor. O convenio é estensible ademais aos casinos da comunidade autónoma de Castela - A Mancha.

Nos últimos meses, a SGAE e a CEJ levaron a cabo un intenso proceso de diálogo que se materializa neste convenio e asegura un marco de relación estable no futuro. O acuerdo, vixente ata 2019 e prorrogable tacitamente por anualidades, afecta á licenza da SGAE e ás tarifas polo uso das obras dos creadores, que se adaptan aos novos usos e ás características da súa utilización no sector do bingo e xogos de casino. Ámbalas partes poñen de manifesto a boa vontade que presidiu as negociacións, co común obxectivo de incorporar melloras que simplifiquen a xestión, eliminen trámites innecesarios e reduzan o custo.

Obxectivos comúns

Na sinatura do acordo, Carlos López Sánchez, Secretario Xeral da SGAE, afirmou que este convenio con CEJ “evidencia cómo o diálogo e o consenso son as vías máis axeitadas para a plena normalización do uso das obras do repertorio da SGAE”.

Fernando Luis Henar Pérez, en representación de CEJ, considerou que queda constatado “un marco estable e fiable cunhas tarifas razonables para ámbalas partes, e sempre dende a premisa do pleno recoñecemento do dereito de autor.” Ambos amosáronse moi satisfeitos de traballar conxuntamente en favor dos dereitos dos creadores.

Cara a un marco estable de traballo

A SGAE conta con acordos estratéxicos similares en distintos sectores coma o dos municipios e provincias, a hostalería e restauración,  hospedaxeocio nocturnograndes almacéns e hipermercadoscomercios ou os representantes técnicos do espectáculo, entre outros. O obxectivo é crear marcos estables de traballo que melloren os trámites e a actividade xeral das empresas e usuarios do repertorio que a SGAE protexe, ao tempo que evitan a conflitividade e estimulan o aforro do custo de xestión.