II Laboratorio De Creación Musical Fundación SGAE – Monkey Week
O prazo de recepción de solicitudes manterase aberto ata o 27 de agosto de 2018

Co obxectivo de fomentar a creación de novo repertorio musical e apoiar aos compositores e letristas, a Fundación SGAE convoca concurso para a selección de participantes no II Laboratorio de Creación Musical Fundación SGAE - Monkey Week.

A convocatoria está dirixida a tódolos socios e socias da SGAE, compositores e letristas de calquera linguaxe ou tendencia estética dentro das músicas populares, que sexan tamén intérpretes do seu repertorio. A participación dos mesmos será individual, non puidendo presentarse colectivos.

Os socios e as socias deberán presentar un único proxecto de creación de dúas obras musicais origxnais e  actuais inspiradas na música pop española composta na década dos sesenta do século XX. Búscanse novas composicións; non cabe, polo tanto, presentar proxectos que consistan en arranxos ou adaptacións de obras preexistentes. Félix Arribas e Ignacio Martín Sequeros do grupo Los Pekenikes dirixirán este laboratorio.

Un xurado composto por representantes da Fundación SGAE, de Monkey Week así como polos directores do laboratorio elixirá seis proxectos de entre tódalas propostas recibidas para formar parte deste laboratorio, que se celebrará enmarcado no Monkey Week en novembro en Sevilla. O 24 de novembro os artistas seleccionados presentarán nun concerto promocional as obras resultantes deste laboratorio.

O prazo de recepción de solicitudes manterase aberto ata o 27 de agosto de 2018.​

Descarga as bases